O escultor Cándido Pazos deseña a gran porta Xacobea para o Ano Santo

72

En ‘el correo gallego’ din:
“No derradeiro tramo da Ruta Xacobea, á algura de San Lázaro, unha gran porta de granito e bronce marcará a entrada a Compostela para os millóns de peregrinos que culminan o camiño francés. A escultura Porta itineris sancti iacobi, que presidirá o parque acondicionado fai uns meses frente ó Palacio de Congresos, será visible a unha gran distancia debido á sua altura de 16,5 metros, equivalente á dun edificio de cinco pisos.”…

porta.jpg


…”Era precisa unha gran porta para un gran Camiño”, sinala Cándido Pazos, o autor da monumental peza.
A iniciativa, que promove a Sociedade de Xestión do Xacobeo, enmárcase dentro das actividades do inminente Ano Santo. Segundo a memoria do proxecto, a xigantesca escultura apoiarase nun pilar de granito de toneladas de peso. Sobre el colocarase unha marquesina de bronce, o dintel da porta. Outra columna, tamén de bronce, rendirá homenaxe ós camiñantes e á tradición milenaria da Ruta Xacobea xa que recollerá nas súas catro caras as imaxes dos vinte peregrinos máis importantes dende que o obispo Teodomiro descubriu os restos do Apóstol Santiago.”
Fonte: elcorreogallego.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios