A Arbore e os Celtas.

95

Os celtas vían na arbore non só a esencia da vida senón tamén o recurso para predeci-lo futuro.


Curiosamente, este medio tan primitivo era considerado po-los druídas coma o mais eficaz á hora de establecer un prognóstico sobre o destino que agarda a cualquer ser humano. Ao observar todo o conxunto da arbore, dende as súas raíces que afundíanse na terra ata o seu pico mais ou menos frondoso, o que aconsellaban era mante-la vista erguida, ben apoiado no chan e ter en conta que a Natureza é tan previsora, ó tempo da caída das follas séguelle outro de neve, as cales propiciarán a aparición dos mellores brotes. Haberíase chegado entón a época da fertilidade e do renacemento da vida mais pletórica.

roble san miguel.jpg

Dende o principio dos tempos a arbore tivera unha relación vital co ser humano celta, ó proporcionarlle o primeiro fogar, leña, sombra e aloxamento para os paxaros que podían converterse na caza para alimentar á tribo. Nembargantes, os druídas consideraban que a relación podía facerse mais íntima, tiñan en conta que cada home ou muller leva no seu interior unha arbore, por mor do que alimentaba o desexo de medrar do mellor xeito. En realidade a arbore supoñíase coma protector de todo o material e espiritual dos seres humanos celtas.
A arbore articulaba toda a idea do cosmos ao vivir nunha continua rexeneración. Ademais nel contemplaban os druídas o simbolismo da verticalidade, da vida en completa evolución, nunha ascensión permanente hacia o ceo. Por outra beira, a arbore permitía establecer unha comunicación cos tres niveis do cosmos: o soterrán, polas súas raíces que non deixaban de furar nas profundidades que percorrían na continua necesidade de atopar auga; a da superficie da terra, por medio do seu tronco e as súas pólas; e as alturas, a traveso da copa e das pólas superiores, reunidos sempre na totalidade dos elementos: a auga que fluía no seu interior, a terra que se integraba no seu corpo po-las raíces, o ar que alimentaba as follas e o lume que xurdía da súa fricción. Os celtas acadaban o lume restregando con maña uns carabullos secos, que se poñían derriba de herba seca ou palla.
oakaug.jpg

A arbore era o eixo do mundo.
Debido a que as raíces da arbore afundíanse no chan, mentres que as súas pólas erguíanse o ceo, o druída considerábao o símbolo da relación terra-ceo. Posuía neste sentido un carácter central, ata o punto de que supoñía a esencia do mundo. Son moitas as civilizacións antigas que teñen establecido a súa arbore central, ese que era tido coma o eixo do mundo: o carballo dos celtas; o Tilo dos alemáns; o Freixo dos escandinavos; a Oliveira dos árabes; o Banano dos hindús; o Bidueiro dos siberianos, etc.
Tanto na China coma na India a arbore que é considerado o eixo do mundo atópase na compaña de paxaros, o mesmo sucedía cos celtas, xa que estes pousan nas súas pólas. Considerábano estados superiores do ser, que se atopaban vencellados, o mesmo, co tronco da arbore. Os paxaros eran doce, o que lembraba o simbolismo zodiacal e o dos Aditia, que constitúen a ducia de soles. A mesma cantidade suman os froitos da arbore da vida, os cales son signos da novación cíclica que se produce en toda-las cousas vivas que hai sobre a Terra.
A arbore cósmica.
A arbore cósmica para os druídas era o central: o seu zume supoñía o rocío celestial e os seus froitos proporcionaban a inmortalidade (o retorno do ser nun estado paradisíaco). Así ocorría cos froitos da arbore da Vida que se atopaba no Edén, as mazás de ouro do Xardín das Hespérides é os melocotóns da si-wang, o zume do Haoma iraniana. O hiomaragi xaponés tamén é valorado coma unha arbore cósmica, igual ca o Boddhi, debaixo do que Buda chegou a plena iluminación, po-lo que dende enton representa o mesmo Buda na iconografía primitiva.
O simbolismo chinés coñece a arbore da fusión: xunge o Ying co Yang (cruzamento das frores macho e as femias da arbore). Así mesmo, as duas categorías de arbores: os follas caducas os de follas perennes están afectados po signos opostos: un simboliza o ceo das mortes e renacementos; e o outro representa a inmortalidade da vida, é dicir, duas manifestacións diferentes dunha mesma identidade.
En Bolivia e Haití, a arbore non só é deste mundo, erguese no mais próximo e sube o mais lonxano. Vai dos infernos os ceos, coma un camiño de viva comunicación.
A arbore dos antepasados.
De acordo coas ideas de moitos antropólogos, podemos crer que a arbore foi considerado un antepasado mítico dunha tribo, ó atoparse en relación estreita co culto da lúa. Así o afirmaban os druidas. Isto presentárono en xeito dunha especie vexetal. Pero existen moitos exemplos noutras culturas: os maos e os tagálo das Filipinas; o yu-nan do Xapón; os ainu da Asia central; e na Corea e en Australia que xungen as orixes das súas razas co bambú e a acacia.
A arbore tamén intervén nas interpretacións antropomórficas (transformación do home en arbore e viceversa). Isto vémolo nas crenzas dos pobos altaicos e turco-mongolés da Siberia, o mesmo ca nos celtas.
O casamento místico entre arbores e persoas, é común na India, no Punxab e no Himalaia. Tamén nos Síux da América do Norte, e tamén entre os hotentotes de África.
beech.jpg

A arbore social.
A arbore tamén simboliza o medara dunha familia, dunha cidade, dun pobo, dunha nación e do poder do rei. Un bo exemplo é o caso de Nabucodonosor e a interpretación do seu soño feita po-lo profeta Daniel.
Na tradición bíblica xudeo-cristiá, detectase no relato da tentación do livro do Xénese, as grandes arbores que figuraban as veces nos Salmos. Esta arbore simboliza a cadea de xeracións, cuxa historia resume a Biblia e que colmea coa chegada da Virxe e de Xesucristo. Esta misma arbore ten inspirado moitas obras de arte e foi obxecto de comentarios místicos.
A arbore celta.
Nas tradicións celtas a arbore ofrece tres temas: Ciencia, Forza e Vida. O tema de base é UID, homónimo do nome da ciencia, coa que os antigos confundírono voluntariamente. Un dos principais xogos de verbas da antigüidade é o de Plinio cos nomes gregos do carballo DRUS e DRUÍDAS (Druides).
A arbore é símbolo da Ciencia e sobre da súa madeira foron precisamente gravados os textos célticos antigos. A arbore é tamén Forza nalgúns vocalismos ou nomes propios (Draucus, Froitos), que nos indican unha etimoloxía indoeuropea. Do mesmo xeito, e para rematara-lo apartado, é símbolo da Vida, por actuar coma intermediario entre o ceo e a terra, e resulta incluso portador de froitos que dan ou alongan a existencia.
As arbores celtas ofrecen tantas vantaxes, que en moitos países cultívanse, actualmente, porque brindan protección e grandes influencias máxicas.
Lembrémo-lo mito das arbores.
Este mito no seu mellor reflexo no “El combate de los árboles”, que é un poema atribuído ó Bardo galés Taliesín, no que conta como Gwyddyon salvou a vida dun grupo de valentes bretóns ó transformalos en arbores, sen impedirlles que baixo esta forma puideran pelexar contra dos seus inimigos. O mesmo autor refírese a outra práctica neste delicado verso:
Cando xurdeu a vida
O meu creador deume forma
co zume das arbores
E o saboroso zume dos froitos…
Sirveuse da malvasía do coto,
das frores das arbores e das silveiras…
coas frores da ortiga…
Fun marcado por Mat…
En min hai pegadas de Gywddyon,
dos sabios fillos de Math
e do eterno que hai na Natureza.
O mito das arbores adquire solidez ao converterse nun motivo falado, nun poema doado de repetir ó posuír unha cadencia e pechar unha mensaxe.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios