O proxecto GNU

61

Libre como en libertade
O término “free software” [en inglés free = libre ou gratis] malinterprétase ás veces –non ten nada que ver co precio. O tema é a libertade. Aquí, polo tanto, está a definición de software libre: un programa é software libre, para vostede, un usuario en particular, se:
* Vostede ten a libertade para executa-lo programa, con calquera propósito.
* Vostede ten a libertade para modifica-lo programa para adaptalo ás súas necesidades. (Para que esta libertade sexa efectiva na práctica, vostede debe ter acceso ó código fonto, porque modificar un programa sen dispoñer do código fonto é extraordinariamente dificultoso).
* Vostede ten a libertade para redistribuir copias, tanto gratis como por un cánon.
* Vostede ten a libertade para distribuir versións modificadas do programa, de tal maneira que a comunidade poida beneficiarse coas súas melloras.

gnu-sm.jpg


Como “free” [libre] refírese a libertade e non a precio, non existe contradicción entre a venta de copias e o software libre. De feito, a libertade para vender copias é crucial: as coleccións de software libre que se venden en CD-ROM son importantes para a comunidade, e a venda das mesmas é unha maneira importante de obter fondos para o desenvolvemento do software libre. Polo tanto, se a xente non pode incluir un programa en ditas condicións, dito programa non é software libre.
Fonte: gnu.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios