Deteñen ó presunto autor dun ataque DDoS na Coruña

82

Axentes da Unidade de Delitos Telemáticos da Garda Civil detivo na Coruña a Santiago G.A, de 26 anos de idade, considerado o autor do maior ataque documentado de Denegación de Servicios Distribuidos (DDoS) a distintos servidores de Internet, o que afectou a un 30% dos internautas españois, segundo informou a propia Garda Civil.


O ataque de denegación de servicios tivo lugar o 25 e 26 de nadal do ano pasado e a principios de xaneiro, e trátase da terceira persoa que é detida por efectuar ataques DDoS na rede, un ‘costume’ cada vez máis extendido e perigoso para Internet.
Os ataques distribuidos de denegación de servicio (DDoS, segundo as súas siglas en inglés) sobrecargan as redes cunha embestida de datos ata que consiguen deixalas inoperativas.
En condicións normais, un servidor ten un caudal de tráfico maior e máis recursos que o ordenador do atacante, polo que é complicado que dende unha soa máquina cliente poida desbordarse o límite dun servidor, algo que un ataque distribuido de denegación de servicio pode. Baséanse en coordinar agresións dende varias máquinas clientes hacia un servidor, nun intento de desborda-la súa capacidade de resposta.
Tradicionalmente, os ataques DDoS son uns dos máis comúns por parte dos ‘crackers’ e dos máis sinxelos de perpretar.
Cortesía de Foucellas.
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios