Internet pola rede eléctrica

88

O hotel Ponte Romano de Marbella (Málaga) puxo en marcha recentemente o seu servicio de Internet en habitacións mediante a rede eléctrica, convirtíndose así no primeiro establecemento en España en emplear esta tecnoloxía.


Segundo informou o Centro de Iniciativas Turísticas de Marbella, tódalas habitacións do establecemento dispoñen nos seus enchufes eléctricos dunga velocidade de transmisión de ata 10Mbps, acadando velocidades en Internet dez veces superior á dunha ADSL estándar.
Deste modo, os clientes do hotel Ponte Romano pódense conectar á rede dende, por exemplo, a terraza do hotel ou dende calquera enchufe da habitación.
A tecnoloxía Power Line Communication ou comunicación pola rede eléctrica (PCL) consiste en conectar Internet á electricidade, de modo que calquera enchufe se poida converter nunha fonte para acceder á rede.
Cortesía de Foucellas
Fonte: yahoo.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios