O Parlamento Europeo aplaza o voto sobre as patentes software

129

O Parlamento Europeo aplazou a finais de setembro o voto previsto para a próxima semana sobre a directiva que establece normas comúns para a concesión de patentes a invencións implementadas por ordenador, debido á solicitude de populares e socialistas, os dous grupos maioritarios na cámara.

nopatentessw.png


A Asociación de Internautas (AI) opónse a esta normativa porque considera que de aprobarse legalizaría “miles de patentes que foron concedidas gradualmente pola Oficina de Patentes Europea para materias non patentables segundo a lei actual. Argumenta que, caso de levarse a xuizo, o carácter ‘ilegal’ destas patentes podería chegar a tender un valor “incerto” e prevalece-los intereses dos poseedores de patentes e profesionais.
Pola súa parte, no seno do Parlamento Europeo hai acordo na necesidade de protección, pero a polémica céntrase en se debe ser pola vía do dereito de autor (copyright) ou tamén mediante patente.
Cortesía de Foucellas
Fonte: yahoo.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios