Viva Palestina!!!

146

Lanzan en Palestina un “kazaa” anónimo.
Kazaa xa ten sucesor, aloxado en Gaza promete ós seus usuarios que a súa identidade nunca poderá ser coñecida.
“As forzas do mal invadirán os tribunais de xustiza e amenazan con identificar ós usuarios e deter ós seus líderes. No tema, Earth Station Five”, proclama o novo sitio de intercambio de arquivos, baixo a consigna de “Resistir é inútil”.


Aloxado en Gaza, Palestina, ES5 quere leva-la guerra santa contra o demo americano ó terreo do intercambio de arquivos e poñer barreiras á cruzada que as grandes multinacionais estadounidenses emprenderon contra os usuarios dos sistemas P2P (onte Napster, hoxe Kazaa e Grokster).
O sitio promete un total anonimato ós seus usuarios, rapidez na descarga, seguridade antivirus e sistemas de filtros que faigan posible unha búsqueda máis refinada por parte dos usuarios. Ademáis, din que é posible establecer chamadas telefónicas e incluso atopar unha parexa através da rede.
Máis información en es5.com
Cortesía de Foucellas
Fonte: noticiasdot.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios