Falece ‘Borobó’, mestre de xeracións de periodistas

107

Cronista fidedigno de máis dun século, Raimundo García Domínguez Borobó, faleceu o pasado 28 en Compostela ós 87 anos de idade tras unha longa enfermidade, deixando como legado as leccións mestras dunha longa carreira xornalística que comezou en La Noche ná década dos anos 40 e chegou a acompañar ó recén nacido GALICIA HOXE ata as últimas semanas.


Nacido en Pontecesures o 10 de xullo de 1916, Borobó popularizou o ‘Anaco’ como breve xénero xornalístico desde o que construiu durante décadas unha crónica precisa e fondamente irónica da Galicia cotiá.
O que foi director de La Noche e EL CORREO GALLEGO estudiou Filosofía e Letras e desempeñou a tamén súa actividade xornalística en publicacións como El Español, La Estafeta literaria, Fantasía e o diario Madrid. Á Cando en 1960 se trasladou a Madrid, exerceu como subdirector do primeiro diario económico 3E para ingresar posteriormente na Axencia EFE, onde foi redactor xefe e responsable de Documentación ata a súa xubilación.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios