Máis ordenadores

73

Lendo galicia-hoxe.com, vemos isto:
“Un total de 278 concellos galegos poderán realizar en novembro os seus trámites administrativos vía Internet, mentres na nosa comunidade case a metade dos fogares posúe alomenos un PC e a metade destes fogares están conectados á Internet.”


…”Un 40 por cento dos fogares galegos contan alomenos cun ordenador persoal, segundo se desprende dun estudio elaborado pola Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual, dependente da Consellería de Cultura. O estudio revela tamén que a metade destes fogares están conectados a Internet, principalmente con tarifa plana, e que se rexistrou un incremento das conexións a través de ADSL ou redes de cable.
O ordenador persoal é, con gran diferencia, o terminal máis estendido para acceder ós servicios e contidos en Internet, así como para o soporte das aplicacións informáticas dos usuarios.
Ademais, o estudio indica que predomina claramente o sistema operativo Windows 98, seguido do Windows 2000, e que, polo xeral, as familias galegas contan con ordenadores periféricos multimedia, dotados de cartón de son ou CD-Rom, entre outras utilidades.
O principal emprego do ordenador persoal no ámbito doméstico son as aplicacións ofimáticas, como o demostra que un 96 por cento destine o seu equipo para tal fin.
As aplicacións relacionadas co lecer (música, xogos, etc.) tamén ocupan un lugar destacado, sendo utilizadas en máis dun 60 por cento dos fogares con equipos informático.
Tamén ocupa un posto destacado o acceso a Internet como aplicación principal da informática no fogar, xa que un 48,65 por cento das familias con ordenador teñen tamén acceso a Internet.
No que se refire ó tipo de conexión á rede, a opción máis frecuente é a liña telefónica básica (71 por cento), seguido polo ADSL (17 por cento), rede de operador de cable (6,4 por cento) e RDSI (4,6 por cento).
Neste sentido, o estudio aprecia unha taxa de crecemento interanual das conexións ADSL e das redes de cable, que fan prever que nos próximos anos a comunidade se sitúe entre os primeiros países de Europa en conexións de banda ancha.
Con independencia do modo de acceso de Internet, a modalidade de pagamento preferida nos fogares galegos é a tarifa plana (55%), seguido polo pagamento segundo o consumo (30,6%) e os bonos (9,6%).
Desta forma, o estudio conclúe que en máis dun 65 por cento dos fogares se leva a cabo un acceso bastante frecuente á rede, cun consumo medio estimado de 26 euros por mes. ”
Fonte: galicia-hoxe.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios