Canon de CDs: hoxe podería entrar en vigor

140

Se o acordo ASIMELEC-SGAE se leva á práctica, a partires de hoxe 1º de Setembro, aplicarase o canon por copia privada a tódolos CD-R e outros soportes dixitais de gravación. Algunhas persoas pregúntanse se se poderá reclama-la devolución do canon ó estar utilizando os CDs para gravar software.

nero.gif


De momento non parece ser posible pero, quizás por elo, sexa interesante esixi-lo desglose na factura de compra que suxire a Asociación de Internautas.
Tampouco está de máis facelo por se algún organismo estima a nulidade do acordo, para o que se suceden as iniciativas.
A nova do acordo tédela aquí
Fonte: barrapunto.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios