I Encontro de usuarios de Linux do noroeste peninsular

100

Do 24 ó 28 de setembro, no recinto Ferial Fexdega (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) terá lugar o primeiro Encontro de Usuarios de Linux do Noroeste Peninsular, organizado polo Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra e que convoca a todos aqueles grupos de usuarios de Linux e público en xeral que esté interesado en acudir a participar nesta convivencia.


O evento constará dunhas xornadas profesionais (24 ó 26) e un encontro de entusiastas (27 e 28). Do 24 ó 26 contaran coa presencia de empresas ligadas a Linux, coma o caso de Pizzamóvil e a súa implantación dun sistema de facturación e xestión, ademáis da presentación do ERP ‘opensource’ Fisterra creado por Igalia, ou IBM e Eclipse, entre outros.
Durante a fin de semana e como parte do encontro de usuarios realizaránse diversas actividades, coma un taller de wireless, xogos en Linux, unha charla de creación de interfaces intuitivos ou unhas charlas sobre o uso de Blender para animación en 3D, Evolution 2.0, etc.
Máis información en linuxnoroeste.com ou ó e-mail germanguimil@galpon.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios