EuroJunior: unha aposta pola alienación dos nosos pequerrechos

107

Este luns empezou na TVE1 un ‘Operación Triunfo’ de nenos. Agora hai un concurso da canción de Eurovisión para nenos, e como non, a sacarlle cartos ós rapaces facendo un OT de cativos.
Rapaces de entre 8 e 15 anos concursando coma o Bisbal e demais cuadrilla, pero compoñendo eles mesmos as súas propias cancións… coma se un rapaz de 15 anos fose capaz de compoñer así dun día para outro…


Coma se non nos chegara coa ‘Chuvia de Estrelas’ ou o ‘Veo veo’, agora nin Tele5 nin Antena3: TVE1, unha televisión pública que pagamos todos e que se adica a competir coas televisións privadas => Home, isto non é de recibo, que non podemos pagar TODOS para quitarlle os cartos a unhas empresas. Non ten nin pes nin cabeza….. pero bueno, isto non vai co tema que estamos a tratar.
O máis perigoso é o que ocurrirá cos nosos rapaces e coa maioría dos pais que vexan este programa; é que xa os oio: o meu neno ten moi bo oido, moi boa voz e inventa unhas cancións moi marchosas, vale moito para a música.
E ALA a metelos a cantar… seguro que máis de un acabará coma os crayóns esos que nos trouxeron ás festas.
Pois nada, como decía o outro ‘ajo y agua’.
¡EI! QUE A EDUCACIÓN DUN RAPAZ EMPEZA POLA EDUCACIÓN DOS PAIS
¿Estamos de acordo?

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios