3ª BAIXADA DE CARRILANAS (Garabatos – Campeiras)

184

O proximo 13 de septembro a Asociación de Veciños As Campeiras promove a baixada de carrilanas dende Garabatos ata a rúa Covelos.


Para participar nesta actividade, na que se premiará a orixinalidade dos vehículos, os interesados deben anotarse na tenda de electricidade Elicio Gómez das Campeiras, no teléfono 981-45 26 58 o na web da A. VV. Campeiras.
As 4 da tarde verificaránse as carrilanas na rúa dos Covelos. Deberán dispoñer de freos e é obrigatorio o uso de casco. Ás 5 comezarán a baixar as carrilanas.
Ademais estará aberta ó público no local social da A.VV. Campeiras a exposición dos traballos do curso 02/03, os días 13 e 14 de Setembro en horario de mañá (11:00 – 13:00) e tarde (16:00 – 20:00). Os traballos expostos serán: bordado, encaixes, talla en madeira e mobles restaurados.
Cortesia de A. VV. Campeiras

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios