Hoxe remata o prazo de matrícula para as probas de acceso a grao medio no Conservatorio

66

Hoxe día 10, remata o prazo de matrícula para as probas de acceso a grao medio no Conservatorio Profesional da Música das Pontes de García Rodríguez. Estas probas son as correspondentes ós accesos ós cursos 2º ó 6º, e a elas pode presentarse calquera, sempre que teña os coñecementos esixidos para o nivel ó que se presenta.


Estas probas están pensadas para xente que xa ten unha certa formación musical e quere oficializa-los seus estudios nun conservatorio sen ter que pasar por tódolos cursos.
Tamén é un sistema para que alumnos aventaxados do propio conservatorio poidan adiantar cursos sen necesidade de cursalos.
De todas formas, para acada-lo título profesional que outorga o noso conservatorio, é preciso polo menos cursar os dous últimos cursos do grao medio.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios