Novo edificio para o Conservatorio neste curso

45

Lendo lavozdegalicia.com:
“O Concello das Pontes estreará este curso un novo conservatorio. As obras de reforma do antigo colexio de ENDESA nas Veigas están a punto de comenzar. A rehabilitación do edificio cedido pola empresa eléctrica custará 296.500 euros.”…


…”O Conservatorio de música das Pontes estará situado no poboado das Veigas. Alí, nun antigo edificio cedido por ENDESA ó concello, están a punto de comenza-las obras de reforma precisas para adecua-la vella escola construida en 1973 ás condicións que esixe a Consellería de Educación. Para empezar, reúne unha que é primordial: trátase dun inmoble independente sen vivendas anexas.
O proxecto de rehabilitación do antes chamado colexio ENDESA inclúe a conservación da fachada e a demolición de tabiques interiores para instalar novas paredes insonorizadas con paneis dobres de cartón ieso sobre unha estructura metálica e con aislamento intermedio.
Ó longo da pranta baixa do edificio de mil metros cadrados de superficie habilitaranse seis aulas para instrumentos, outra para coro e orquestra e unha máis para música de cámara; tamén se acondicionarán nove cabinas e tres clases para ensinanza non instrumental. Disporá dunha biblioteca, ademáis doutros cuartos para a dirección e os profesores.
En total, o conservatorio ocupará 857 metros cadrados, cunha inversión do Concello de 296.500 euros.
De momento, as clases do novo curso da escola de música de grao medio empezarán na sede provisional actual, a antiga residencia de enxeñeiros da vila. Alí se trasladou o pasado ano dende un piso da céntrica avenida de Castelao a causa das queixas dos veciños.
Un problema resolto
A cesión do edificio de ENDESA situado no poboado das Veigas (que se formalizou nun convenio asinado antes do verán) resolveu un grave problema, dado que a Consellería de Educación esixía que o conservatorio de música estivese ubicado nun inmueble independente para evitar calquera posible molestia ós veciños. O concello pontés chegou a baraxa-la posibilidade de construir un novo.”
Fonte: lavozdegalicia.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios