A Garda Civil confisca 400 ordenadores e 2000 cds piratas en cibers da provincia de Pontevedra

63

Lendo elcorreogallego.es:
“A Garda Civil incautouse hoxe en varios cibers da provincia de Pontevedra de 400 ordenadores, 20 servidores e cerca de 2000 cds que contiñan programas, películas e música pirata na chamada ‘Operación Coffe'”…


“A operación foi iniciada en xuño polo Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil nesta provincia e nela participaron máis de 50 efectivos. Ademáis, colaboraron asociacións relacionadas coa defensa dos dereitos da propiedade intelectual.
Así, ás 11:30 horas de hoxe [onte] iniciouse un rexistro simultaneo en algo máis de 20 cibers repartidos por toda a provincia, nos que se detectou a presunta utilización de software sen a precisa licencia para o seu uso legal.
Por isto, ós xerentes dos establecimentos se lles imputou un delito contra a propiedade intelectual e foron requisados en total 400 ordenadores, 20 servidores e 2000 cds piratas.”
Fonte: elcorreogallego.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios