Concurso de plaxio creativo

88

Lendo elmundo.es:
“Un novo centro didáctico virtual chamado EscueladeEscritores.com convocou un certame no que o xurado premiará a mellor obra baseada na escritura de Gabriel García Márquez. ¿Nacerá un novo ‘Gabo’ po obra e gracia do ‘plaxio creativo’?”…


…”O primeiro premio do certame adxudicarase ó mellor texto baseado na incomparable escritura ou no máxico mundo das súas obras. Os organizadores do evento pretenden así chama-la atención do mundo editorial sobre un método válido para a creación literaria, pero do que soen abusar algúns autores de renome, que a veces incluso ‘olvidan entrecomillar unha cita textual de cen páxinas’.
Segundo o organizador do evento e secretario do concurso, Javier Sagarna, ‘o concurso non só trata de recordarlles a algúns autores o uso das comillas e da intertextualidade, se non que aposta por unha forma de plaxio máis creativa: facer da imitación unha pista de despegue para a creatividade. E de paso servir de homenaxe a ese gran maestro do noso tempo que é Gabriel García Márquez’.
O novo centro dixital independizouse este ano da súa escola de orixe, o Taller de Escritura de Madrid, pero continuará coas mesmas ideas que fixeron do TallerdeEscritura.com un portal de referencia na ‘web’ cultural hispana.
O autor do relato gañador recibirá un vale por valor de 350 euros para a compra de libros nalgunha librería de Madrid, aínda sen especificar. Os cinco relatos finalistas publicaranse, xunto co relato gañador, na páxina ‘web’ da EscueladeEscritores.”
A páxina do concurso é EscueladeEscritores.com
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios