Windows é máis barato que Linux

114

Lendo sincables.net:
“Atopeime con este titular en IBLNEWS, asegurando que Windows pode ser máis barato que migrar a Linux, a pesar de ter que pagar licencias e requerir equipos máis fortes para funcionar a pleno rendemento.”…


…”Na maioría dos casos, actualiza-lo sistema operativo Windows a unha versión máis recente é máis rentable que cambiar todo a Linux, informa Gartner nun novo análise.
Dúas novas investigacións separadas analizan os gastos que implica a migración dende Windows a Linux. A primeira delas foi comisionada e pagada por Microsoft, plo que é aconsellable lela con certa reserva. O segundo análise, moito máis interesante, foi realizado por Gartner Group, que tradicionalmente mostrou escepticismo ante Microsoft. De feito, a consultora aconsellou en 2001 ó sector corporativo preferi-la combinación Linux e Apache nos seus servidores web.
O estudio de Gartner conclúe, para sorpresa de moitos, que a maioría das empresas, en realidade, non aforran cartos cambiándose a Linux. De feito, incluso é posible que rematen realizando un gasto aínda maior ó preferir esta alternativa, observa a consultora.”
Fonte: sincables.net

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios