Xestión de asociacións e adaptación á nova lei

103

EuroEume organiza unhas xornadas dirixidas a entidades sen ánimo de lucro e a todas aquelas persoas interesadas.

EuroEume.jpg


Terán lugar os días 26 e 27 de setembro e o 3 e 4 de outubro, na Casa da Cultura das Neves – A Capela.
O programa das xornadas é o seguinte:
XORNADA I – 16:00 horas – Venres, 26 de setembro de 2003
MODULO I: MARCO LEGAL
A nova lei de asociacións: introducción, adaptación de estatutos, comunicación e rexistro.
XORNADA II – 10:00 horas – Sábado, 27 de setembro de 2003
MODULO II: MARCO FISCAL
Obrigas informativas:
Modelos censais, Operacións con terceiros, Donacións.
Obrigas impositivas:
Imposto de Sociedades: Introducción, rendas exentas no réxime fiscal ordinario, obrigatoriedade de presentación do Imposto.
Imposto Valor Engadido (IVE): Introducción, exencións, suxección, tipos impositivos.
Imposto sobre Renta Persoas Físicas (IRPF): Retencións de traballo, profesionais e de alugueres.
XORNADA III – 16:00 horas – Venres, 3 de outubro de 2003
MODULO III: MARCO ECONÓMICO
A contabilidade dunha obriga formal a unha ferramenta para a toma de decisións: Modelo de xestión económica, orzamento, contabilización, xestión orzamentaria e explotación da información económica.
XORNADA IV – 10:00 horas – Sábado, 4 de outubro de 2003
MODULO III: MARCO ECONÓMICO (2)
Xestión de subvencións: Captación, elaboración de proxectos, seguemento e xustificación de subvencións.
As inscripcións deberan realizarse na sede de EuroEume na Rúa Capela, 21 baixo das Pontes ou nos telefonos 981 440 729/981
O prazo de inscrición remata o 24 de setembro, o prezo das xornadas para os socios de EuroEume é gratis, e 5 euros para outros.
Se queredes mais información sobre as xornadas tamen podedes poñervos en contacto con eles a través do email info@euroeume.org.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios