A Xunta compromete o seu apoio á construcción do coliseo de Narón

43

Lendo lavozdegalicia.es:
“A Consellería de Cultura aportará 600.000 euros dos 4,8 millóns que costará a obra.
O novo complexo multiusos ubicarase nunha parcela municipal situada no Alto do Castiñeiro.”…


…”O compromiso consigueuno arrincar onte o alcalde naronés ó conselleiro de Cultura, Jesús Pérez Varela, nun encontro celebrado en Santiago. Xoán Gato acudiu preparado á cita e desplegou un torrente de datos para xustifica-la necesidade de contar cun gran complexo cultural en Narón: 1.200 alunos nas escolas municipais, 11.000 espectadores de teatro no 2002, máis de 30.000 asistentes ós festivais organizados polo concello o ano pasado…
En fin, cifras o suficientemente desorbitantes como para deixar pequeno o Auditorio do Alto, o único centro municipal adicado ás artes escénicas na actualidade.”
Fonte: lavozdegalicia.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios