Reaparece un cadro de Klimt dado por desaparecido

106

Lendo efe.es:
“O cadro ‘El toro’, do pintor austríaco Gustav Klimt (1862-1918), en paradeiro descoñecido durante decenios, reapareceu nunga colección privada e amosarase este sábado ó público durante un so día.”…


…”A exhibición será na villa Paulick in Seewalchen, xunto á lagoa de Attersee, no estado de Alta Austria.
Este óleo sobre lenzo de 80 por 80 centímetros era ata agora coñecido polos expertos tan só por unha foto en branco e negro que data dos anos 50.
Considérase que é unha pintura ‘irmá’ do cadro titulado ‘As vacas na corte’ de Klimt, que hoxe se atopa no museo de Arte de Linz Lentos. Foi o vicedirector do museo Albertina de Viena, Alfred Weidinger, un experto en Klimt, quen tras unha longa búsqueda atopou a obra ‘desaparecida’ en mans privadas.
O seu actual dono, quen non desexa que se saiba a súa identidade, prestouse a exhibilo ó público durante un día.
Para elo, o óleo, asegurado en 5,8 millóns de euros foi trasladado onte de Viena ó Attersee e estará accesible ó público durante dez horas o sábado na citada vila.
Klimt pasou nese lugar varios veráns a partires de 1900, durante os que pintou moitos das súas famosas paisaxes, ademáis da obra agora reaparecida e ‘As vacas na corte’.
A insólita mostra coincide coa inauguración o sábado do Camiño Klimt no Attersee, unha ruta turística que invita ós visitantes a seguir as pisadas do coñecido pintor do movemento Jugendstil vienés e os leva a lugares onde pode recoñecerse a paisaxe que plasmou nos seus lenzos.”
Fonte: efe.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios