Dr. Funkstein, 3º no certame de Novos Talentos de Vilagarcía de Arousa

99

Non puido ser, D. Funkstein acadou o 3º posto no concurso celebrado entre os meses de Agosto e Setembro, no que participaron máis de 30 bandas procedentes de toda a xeografía galega.

Dr_Funkstein_novostalentos.jpg


A final do concurso tivo lugar o pasado venres 19 de Setembro na praza da pescadería de Vilagarcía de Arousa. As bandas participantes eran Capitán Sonoro (Monforte), Vado Permanente (Vilagarcía), Lonegan (Portonovo) e, como non, Dr. Funkstein de As Pontes. Dr. Funkstein comenzaba o seu concerto a iso das 23:30 horas, en segundo lugar. O bon rollo foi a tónica xeneral durante toda a velada entre os grupos participantes, non así cos técnico de son, que amosaron por veces a súa falta de profesionalidade (parece ser que para que un ténico de son faga o seu traballo correctamente fai falta que os protagonistas do concerto sexan famosos), en fin… esto último é algo subxetivo, pero no que coincidimos case que tódolos participantes.

Dr_Funkstein_novostalentos2.jpg

Finalmente o xurado, integrado por xente relacionada con Radio 3, M80, MondoSonoro e a propia organización do Certame, emitíu o seu veredícto: Lonegan, co seu blues clásico de perfecta execución, queda no carto posto; Dr. Funkstein acada o segundo posto, con 300 euros de premio. Vado Permanente, a banda arousana de rock’n’roll, queda en segundo lugar, e como vencedores, os rapaces de Capitán Sonoro, co seu pop para tódolos públicos.
Off the record:
Despois do concerto, os camerinos converíronse no escenario de conversas entre músicos, con intercambio de teléfonos, felicitacións, etc. Os rapaces de Capitán Sonoro comentan as súas últimas experiencias; logo de grabar un disco para Sony producido por Julián Ruiz (“Plásticos y decibelios”, los 40, m80, etc.), un problema coa multinacional impídelles sacar o traballo á luz e o disco queda parado sen posibilidade de distribución. Nestes días estaban en contacto coa compañía Vale Music. Dende aquí desexámoslles toda a sorte do mundo. Finalmente, os rapaces de “Vado Permanente” compartirán grabación cos primeiros clasificados, Capitán Sonoro. Esto último foi decisión de última hora da organización. Os rapaces de Lonegan lograron conectar de forma rotunda có público (moi meritorio esto para tocar en primeiro lugar).
En definitiva, Dr. Funkstein non acada o primeiro lugar pero deixa moi bon sabor de boca entre o público, e para a banda a experiencia é do máis positivo.
Hai que decir que a xente da organización rematóu cantando iso de “…Bon roooolloooo”… jeje, “coñecido” tema de Dr. Funkstein.
Festa ata altas horas en compaña dos rapaces de Vado Permanente…

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios