ENDESA invirte 12,3 millóns no parque eólico da Carballeira

210

Lendo diariodeferrol.com:
“A empresa ENDESA Coxeración e Renovables SA invirtirá un total de 12,3 millóns de euros na construcción do parque eólico da Carballeira.
A actuación localizarase entre os municipios de Xermade (Lugo) e As Pontes (A Coruña).”…

carballeira.jpg


…”O Consello da Xunta aprobou na súa sesión de antonte a incidencia supramunicipal da obra, polo que os prantexamentos urbanísticos das administracións locais nas que se asenta quedarán supeditadas ás esixencias do proxecto.
O futuro parque eólico da Carballeira está composto por un total de 37 aeroxeradores, que se distribuirán no monte que da nome ó proxecto, así como outros tantos centros de transformación localizados no interior da torre de cada instalación eólica.
O complexo contará cunha potencia total instalada de 24,42 Mw, segundo os promotores da intervención.
Autorizacións
A intervención prevista para a zoa da Carballeira conta cunha declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, así coma co informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Políticaa Territorial, Obras Públicas e Vivenda.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios