Internet chegará en outubro a todo Valdoviño e A Capela

156

Lendo lavozdegalicia.com:
“Os veciños que non dispoñan de acceso a Internet por falta de infraestructura adecuada no seu territorio, poderán solicita-la conexión a esta rede a partires de outubro. Telefónica modernizou as liñas sustituíndo as chamadas TRAC (Telefonía Rural de Acceso Celular) por outras máis modernas.”…


…”A empresa está obrigada a satisfacer esa demanda antes dos sesenta días de que se cursase a petición, segundo informou a Consellería de Industria. O Plano Nacional de Acceso a Internet establece que a finais deste ano o 86% dos galegos estarán conectados a esa rede. En 2004 chegará ó 100%, segundo a Xunta.
Por outro lado, o Concello da Capela leva oito meses esperando a que Telefónica retire os postes que entorpecen o paso dos peatóns nas aceras construídas na travesía das Neves. Segundo explicou o alcalde, o socialista Anxo López sueiro, tanto interese ten o Concello nesta actuación que incluso chegou a paga-los 12.000 euros que costou cambia-lo sistema de canalización do cableado.”
Fonte: lavozdegalicia.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios