Só 7 millóns de páxinas indexadas separan AllTheWeb de Google

123

Mirando as novas de noticiasdot.com:
“En poucos anos, Google convertiuse no buscador máis utilizado polos internautas de todo o mundo. Neste periodo de tempo foi incrementando a súa base de datos ata ter o maior número de páxinas Web indexadas e tamén engadindo novos servicios que complementarán a oferta ós seus usuarios.”…

atwlogo_h.gif


…”Inktomi, agora propiedade de Yahoo!, e AllTheWeb, de Overture (ahora en proceso de fusión con Yahoo!), quedaban a longa distancia de Google, en torno ós 2000 millóns de páxinas cando este xa alcanzara os 3000. Sen embargo, os trocos ocurridos na industria de buscadores nos derradeiros meses propiciaron unha maior preocupación para medrar no volume e acortar este marxe que mantiñan con Google.
Dende principios deste ano Inktomi foi acariciando a posibilidade de sobrepasar a Google. Pouco menos dun centenar de millóns de páxinas os separaban, aínda que a sorpresa deuna AllTheWeb durante o mes de agosto. Anunciou ter acadado as 3.300 millóns de páxinas indexadas, 200 millóns máis das 3.083 páxinas de Google.
A alegría durou pouco. Ós poucos días, Google anunciaba que acadara os 3.307 millóns, 7 millóns máis que o seu competidor pero que lle permitían seguir mantendo o liderazgo, polo momento, do sector.
Un sector que só ten xa dous nomes: Google e Yahoo, tra-la compra que realizou este verán Overture.
Paradóxicamente consultas sobre certos termos ofrecen un número maior de páxinas indexadas (5.320) das oficialmente recoñecidas polo buscador, sen que esta teña informado a qué tipos de documentos se corresponden ou se ben engloban tamén as mensaxes de newsgroups aloxados no antigo DejaNews e contidos gráficos-multimedia.”
Fonte: noticiasdot.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios