Hoxe empezan as clases no Conservatorio

84

Hoxe 1 de outubro empezan as clases no Conservatorio de Música. O horario de clases empeza ás 15:00 e remata ás 22:00 con clases individuais de instrumento e de piano complementario e clases colectivas de linguaxe musical, coro, audicións comentadas, harmonía, música de cámara e moitas outras.

piano.jpg
Foto: montolla


Aínda pendentes das obras nas escolas de ENDESA para o seu definitivo traslado, o Conservatorio de Música das Pontes empeza a súa andaina neste curso 2003-2004 coas clases individuais e colectivas que sinala o curriculo deste tipo de ensinanzas regradas.
Cos ánimos por todo o alto e con moitas gañas de facer cousas, tanto alumnos como profesores empezan este novo curso escolar. Neste curso ábrense 4 novas aulas da antiga residencia de enxeñeiros de ENDESA destinadas ó uso como aulas de estudio e como aulas de ensino inidividual para evitar dentro do posible a molestia a outras clases.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios