OpenOffice.org 1.1 está dispoñible

127

A versión 1.1 desta magnífica suite ofimática xa está dispoñible para baixar. Xa non só temos un exportador a pdf, se non que xa hai unha completa integración con bases de datos potentes coma MySQL ou PostGreSQL.
Podedes atopar versións para Windows (98/ME/NT/2000/XP), Linux (x86 & PowerPC) e Solaris (Plataforma SPARC) en inglés, alemán, francés, italiano, castelán, chino (simplificado e tradicional), coreano e xaponés.

ooo-1.1-officesuite-right.png


A suite inclue un completo procesador de textos, folla de cálculo, editor de presentacións, e outros compoñentes, provendo ós usuarios do formato de arquivos XML que é aberto e preparado para o futuro. A nova versión introduce moitas melloras e características como a exportación mediante un clic a PDF, a Macromedia Flash para presentacións e debuxos, carga de arrinque máis rápida, mellora da compatibilidade cos arquivos de Microsoft Office, soporte de accesibilidade e un avanzado deseño e experiencia.
A suite, en función dos termos das súas licencias de Software Libre (LGPL e SISSL) é libre para ser usada, mellorada, modificada e redistribuida a calquera dunha maneira ilimitada.
Máis información en openoffice.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios