Teatro: Tres notas

82

Hoxe 3 de outubro ás 21:00 horas no auditorio municipal terá lugar a actuación de Bucanero coa obra Tres notas.
Duración: 1 hora
Autor: José Luis Prieto
Dirección: Santi Prego
Reparto: Pedro Picos, Xosé Bonome, Santi Prego


O equipo de investigación Bucanero composto polo Sr. Jansel, o Sr. Ponsel e o Sr. Mindel abordan un novo traballo de investigación que realizarán en directo, hoxe mesmo, dentro de escasos minutos para vostede.
A grande pregunta que serve de motor a esta investigación é: ¿Hai vida humana antes da morte? Para resolver este enigma atravesarán mares e cruzarán montañas ata chegar a un asentamento humano que observarán a conciencia sacando as conclusións pertinentes; ou impertinentes, pero non llo tomen a mal.
Mentres tanto … ¡Que vostede o pase ben!

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios