Tres novos móbiles de Sagem para este inverno

59
Lendo noticiasdot.com:
“Tódolos modelos incorporan a mellor calidade de pantalla e a posibilidade de reproducir sons de calidade hi-fi, cunha calidade moi superior á dos tons de chamada polifónicos, capaces de reproducir ata a voz humana.”
sagem-myx5-devant.jpg


…”Para os afeccionados ás mensaxes multimedia, o Sagem myX-5m permite ó usuario acceder ós máis novedosos servicios móbiles: os MMS. O Servicio de Mensaxería Multimedia (MMS) persoalizando os contidos das mensaxes con imaxes, audio, e texto, que pode ser creado e enviado a través da rede GSMTM. As comunicacións móbiles vólvense máis potentes e persoais.
O Sagem myX-5m incorpora tanto unha pantalla en cor de alta calidade como a capacidade para incorporar arquivos de música en formato iMelody, Midi e Wave. O seu prezo recomendado é de 179 euros.
Para os xoves que queren acceder a toda tecnoloxía máis avanzada ó prezo máis reducido, Sagem lanza o seu teléfono móbil máis pequeno, fácil de usar e manexar, o Sagem myX-2. Ademais do seu deseño extremadamente compacto, o myX-2 é completamente persoalizable (carcasas, tons Hi-Hi integrados e descargables, fotos como fondo de pantalla, texturas…), e incorpora tecnoloxía intelixente integrada (SMS, EMS, WAP, kit mans libres…) e unha batería que proporciona verdadeira comodidade, xa que permite estar máis de duas horas en standby sen necesidade de recargala.”
Fonte: noticiasdot.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios