Viaxe á Festa do Marisco do Grove

66

A Asociación de Veciños das Campeiras organiza unha viaxe á Festa do Marisco do Grove, que se celebra o sábado 11 de Outubro. Os interesados poden apuntarse ata o vindeiro mércores.


Os participantes na viaxe sairán ese mesmo día ás oito menos cuarto da mañá desde o barrio das Campeiras.
O prezo para os socios é de doce euros e para os non asociados a cuota elévase ata os quince. Este prezo inclúe o desprazamento e un percorrido turístico en Turitrén.
As inscricións téñense que facer na tenda de electricidade Elicio Gómez ata o mércores da semana que vén.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios