Resultados da 9ª enquisa Amigus

125

Despois de 7 días de votacións, os resultados da enquisa ¿Qué opinas das obras nas estradas que chegan a As Pontes? foron como segue:

Votos emitidos: 38
Opción Votos Porcentaxe
Hai anos que tiñan que estar feitas 22 votos 57.89%
Son só remendos 8 votos 21.05%
Están a quedar moi ben 2 votos 5.26%
¿Por qué non empezaron desde As Pontes? 5 votos 13.15%
Mellor estaban antes que non había límites a 50 1 votos 2.63%

Polo tanto, os visitantes desta páxina desexarían te-las obras das estradas feitas fai anos.


Moi boas!
Creo que hai un pouco de todo: A de Cabanas e a de Ortigueira hai moitos anos que terían que estar reparadas. A autovía, unha infraestructura clave para o futuro desenvolvemento do pobo, non podía facerse ata que estivese rematada a escombreira (en agosto a última apiladora cruzou a estrada de Ferrol para seguir traballando no furado) e agora parece que vai a bó ritmo (xa están coas expropiacións e tal).
Gustaríame tamén deixar unhas preguntas:
1- ¿Qué pasa co novo acceso ó polígono dos Airíos? Había un proxecto que saía da roronda dos “patos” (para entendernos), tiña que levar tempo feito pero eu non vexo nada…
2- Tamén se ía prolongar o carril bici por onde se vai facer a circunvalación, e un paseo, pero agora só se dí que se van poñer bancos e papeleiras…
3- E por último, o río Eume. Moita estrada e tal pero As Pontes aínda contamina a río. Dicíase que se ía negociar con Endesa para usar a Planta TEL pero ná de ná. Tampouco se fala coa Xunta para que .constrúa unha. E o peor: Vaise coller 1/5 parte do caudal para encher a mina de auga, e ademáis vaise surtir de auga a outros concellos. E mentras o eume segue a dar vida, veña a botarlle merda…. ai!
Publicado por somede — Setembro 29, 2003 10:37 AM
Pos eu creo que mellor tarde que nunca, é de seguro que poderian ser mellores, pero con tal de que nos acheguen a principais cidades da comunidade mellor, Ferrol, en 15 minutos, A Coruña e Lugo, en 1/2 hora, Santiago, en 3/4 de hora, Pontevedra, en 1 hora e Vigo e Ourense en 1 e 1/2, Xa estaria ven se se diria que estariamos comunicados, coa ventaxe que trae iso para calquer industria ou empresa que se instale nos parques empresariais do noso pobo.
Publicado por mannel — Setembro 29, 2003 12:59 PM
Opino como Somede, haber hay de todo, algunas carreteras están quedando bien y cumplen la misión de comunicar As Pontes con otras poblaciones reduciendo el tiempo de conducción en comparación con las carreteras anteriores. Pero así como hay buenos resultados por un lado, por otro se hacen remiendos y más remiendos en vez de ponerse a reparar seriamente la vía, que es lo que deberían hacer y dejarse de tonterías que sólo solucionan a corto plazo y como una medida temporal.
🙂
Publicado por alismile — Setembro 29, 2003 02:43 PM
Que pena en pleno siglo XXI, ainda aquí nas Pontes estamos a falar do rebacheo das nosas estradas….que peniña me da cando penso nos anos que se levan perdidos, sen que ninguén ata hai ben pouco se lle ocorrera reclamar ó arreglo ou a construcción dalgunha. Que pena dos Alcaldes que pasaron por este Concello, algún..coma D.Jaime..xa había ter sido él quen reclamara as estradas, pero pobre…só fixo ó seu edificio e máis meteu algún familiar na empresa…pobre bagaxe, pero a este persoaxe tampouco se lle pode pedir moito. E despois..o Sr. Aquilino…moitas obras, pontes..etc…pero o máis importante para o noso pobo, como as estradas, nunca lle interesaron…ó “firer” quería o seu feudo á sua maneira sin que o viñeran molestar de fora, sin que chegara o progreso, él xa tiña dabondo cos proiectos que lles facía ós expropiados…aquí faigo a miña maneira que son Deus…pero como se soe dicir…foi baixado do seu pedestal a patadas. E os que estan agora..Sr. Vitolo…que aparte do seu ánimo de venganza…pois dirixe un equipo que nestres catro anos poucas iniciativas se lles veu, van remando a favor da corriente, pero sin un claro obxetivo…por dicir un exemplo, ó persoal do concello, sigue a ser un caos…en fin..xa falaremos deica catro anos.
Publicado por Mahoney — Setembro 29, 2003 09:16 PM

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios