As eléctricas, autorizadas para dar telefonía pola súa rede

50

Lendo negocios.com:
“O consello da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) acordou na súa axitada xuntanza do pasado xoves outorgar licencia a ENDESA, Iberdrola e Unión Fenosa para que poidan prestar servicios de transmisión de voz e datos pola rede eléctrica.”…


…”O pasado mes de abril ENDESA e Iberdrola presentaron a correspondente solicitude e posteriormente fixoo Unión Fenosa. Agora, o órgano regulador das telecomunicacións aceptou as súas peticións e outorgoulles a correspondente licencia, neste caso a C1, que permite ‘establecer redes ou explotalas sen que impliquen o uso do dominio público radioeléctrico. A explotación da rede inclúe o dereito a presta-lo servicio de liñas susceptibles de arrendamento’.
Con este revolucionario paso, agora bendecido pola CMT, as empresas de telecomunicacións atopan agora un novo competidor de primeiro orde, precisamente cando empezaban a levantar cabeza tra-la grave crise que sufriu o sector. As tres compañías eléctricas contan coa precisa infraestructura de rede, chegan ata o domicilio do cliente, e posúen un indiscutible músculo financieiro máis que suficiente para afronta-las escasas inversións que precisan para empezar a dar esos novos servicios.”
Fonte: negocios.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios