Publicado o primeiro diccionario Aznarés/Castelán

70

Lendo elmundo.es:
“O actor, dramaturgo e director de escena, Maxi Rodríguez está convencido de que o maior logro de Aznar foi enriquece-la lingua española cunha linguaxe nova, rica en léxico, innovadora na sintaxis e sintetizadora de toda unha escola de pensamento: o aznarés.”…


…”Pero semellante logro tiña unha carencia: un diccionario. Coa intención de suplir esta carencia Rodríguez publicou ‘Cómo estaba cansada atasqueime: Diccionario aznarés-español / español-aznarés’.
Rodríguez presentou o seu traballo acompañado polo coñecido humorista televisivo, Javier Coronas, e o editor da obra, José María Calvín, quen asegurou que era un ‘pracer’ para a editorial ‘La Esfera de los Libros’ publicar ‘libros que fagan rir’.
Unha presentación en crave de humor
Recolleu o testigo Coronas, quen, co seu habitual sabiduría e docto falar alegrou a concurrencia coas súas palabras. ‘Menos mal que o celebramos cerca dun bar, porque é o único sitio onde se pode aguantar un pedazo’, aduxo.
A presentación transcurría cunha animada charla entre Coronas e o autor, quen asegurou que era un ‘pringao’ ata que escoitou a intervención de Aznar en Texas. ‘Ese día cambiou a miña vida’, explicou Rodríguez.
Ata que chegou EL
Por sorpresa, xa que ninguén o esperaba, chegou EL. Escalón a escalón. Paso a paso. Coas ‘Valkirias’ de fondo, sintonía apropiada para un líder de talla mundial, alí estaba o mismísimo José María Aznar. E se non era el mismo, se lle parecía moito, dende logo. Quizáis houbera un toque postizo no bigote e o peiteado fora en realidade unha perruca, pero o auditorio deixouse enganar encantado.
Cun porte gallardo, exclusivo daqueles que naceron en Quntanilla de Onésimo, saudou á concurrencia e dirixiuse á mesa, onde Rodríguez e Coronas fixeron o que nestos momentos sinalan as normas de protocolo: postrarse.
De bo talante e cun humor a proba de armas de destrucción masiva, Aznar sentouse e alegrou unha velada que, antes de contar pola súa presencia, se movía polos cauces normais.
Comezan as preguntas
O público asistente, ante tanta magnificencia, non tardou en apresurarse e requerir ó insigne presidente patrio para que lles ilustrase. ‘Presidente, ¿Cómo definiría a ‘Nunca Máis’?, preguntou un osado. E Aznar, de maneira elegante e cun harmonioso movemento, buceou nesa obra, que tanto lle debe, e sentenciou: ‘Colectivo ocioso que protesta contra as cacerías dos gobernantes por pura envidia’. Definición que provocou unha sonora ovación.
Tras esta, o Presidente foi atendendo as peticións duns invitados que, atónitos ante tanta sabiduría, non puideron reprimir uns sinceiros ‘¡Presidente! ¡Presidente!’. Despois duns saudos e as fotos de rigor, Aznar pechou a presentación.
Unha obra con rigor
Non pense o lector que a obra, a pesar de estar escrita en crave de humor, tivo unha elaboración sinxela. Máis de sete meses de traballo de recolección e de verificación, ‘nalgúns momentos non nos podiamos cre-lo que estabamos atopando e polo tanto tíñamolo que cotexar’, explicou Rodríguez, viron nacer esta obra. Ademáis, conta coas ilustracións de Gallego e Rey, polo que Mirestú, ¡O libro vai ben!”.
Fonte: “elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios