A Universidade de Alcalá de Henares pon a tecnoloxía inalámbrica ó alcance dos seus alumnos

100

Lendo en mejoradawireless.net:
“A Universidade de Alcalá de Henares firmou un convenio de colaboración con Toshiba e Santander Central Hispano, co obxectivo de impulsa-lo uso das novas tecnoloxías móbiles e inalámbricas dentro da universidade.
O acordo ó que chegaron estas entidades basease na oferta conxunta de equipos portátiles para os estudiantes, a un prezo moito menor do que terían no mercado e cunhas condicións de financiación mellores que as que ofrecería calquera banco.”…


…”A Universidade de Alcalá de Henares e Santander Central Hispano realizaron unha aportación de 350.000 euros, que se destinaron a subvencionar parte do prezo de adquisición destos portátiles. Ademáis, os estudiantes poden financia-la súa compra mediante un crédito que Santander Central Hispano lles ofrece en condicións preferentes, cun tipo de interés de Euribor + 0%, e sen ningún tipo de comisión.
Virgilio Zapatero, rector da universidade de Alcalá de Henares, afirmou que ‘este tipo de iniciativas van a axudar tanto a alumnos coma a profesores, e que nos vai a permitir innovar e desenvolver novos métodos de ensinanza’. O convenio foi firmado coa intención de ofertar ata 1.000 ordenadores, aínda que xa teñen previsto amplia-la oferta, xa que ata o momento chegaron a 1.500 as solicitudes. Segundo Xavier Pascual, presidente de Toshiba Esppaña, ‘esta foi a operación con máis éxito ata o momento, en comparación cos casos doutras universidades’.
Tódolos equipos que ofrece Toshiba inclúen tecnoloxía WLAN, para que os alumnos poidan aproveitarse dos servicios que ofrece a universidade, sen a necesidade de adquirir ningunha tarxeta opcional. Ademáis, Toshiba ofrece ós estudiantes tarxetas PCMCIA para facilita-lo acceso inalámbrico a todo o parque informático da universidade, sen a necesidade de que sexan equipos Toshiba.”
Fonte: mejoradawireless.net

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios