Achegando os libros ós espacios do teatro

58

Lendo elcorreogallego.es:
“Opasado 29 de setembro presentábase na sala Galán de Santiago o libro Anxos da Garda, da autora Anxos Sumai. Achegando a literatura ás salas de teatro. Foi un acto moi bonito, moi emocionante, cheo de vida, sentimento e cor. Amigos, moitos amigos, a xente de Santiago. E Anxos, nerviosa e contenta. Trasmitindo moita paz, e ao tempo moita violencia. Dándonos unha sensación de que é na amizade onde nos sentimos cómodos. E a literatura é un soño precioso que avanza, un río en calma.”…


…”Estaban para presentar este libro dous amigos de Anxos, que son tamén escritores. Camilo Franco e Rosa Aneiros. E de parte da editorial A Nosa Terra estaba Enrique Acuña. Estaba tamén outro amigo de Anxos, o actor de teatro Antonio Durán Morris. Entre todos fixeron unha festa delicada, suave e alegre.O escenario da Galán servía para presentar este libro, como un lugar tranquilo, escuro e amable. Primeiro falou Enrique Acuña, co seu entusiasmo de editor ante o texto do libro. Un texto que naceu en Internet, no portal do Consello da Cultura, como un diario. Camilo Franco fixo unha intervención moi irónica, algo metafísica e profundamente melancólica. Porque a melancolía é á veces un acto rebelde, unha demostración de forza. E a melancolía de Anxos Sumai nace no vitalismo dos seus ollos vermellos. Rosa Aneiros leu un texto cheo de emoción, calor e sentimento, fermoso e cheo de vida. Da vida cotiá, do íntimo, do que nos pasa sempre, e no que ás veces non nos fixamos. Un texto no que había moito cariño, moita complicidade. Anxos interveu para agradecerlles a todos a presencia. A confianza da editorial. O apoio da familia. A presencia, emocionada, dos amigos e amigas. Finalmente, Antonio Durán Morris leu algúns textos do libro. Fíxoo con tenrura, os textos na súa voz cobraban forza. A forza viva da autora. A forza dos lectores. A forza da amizade.”
Fonte: elcorreogallego.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios