Este sábado 18 os rapaces do Conservatorio vanse de excursión

57

O sábado 18 ás 12:30 horas alumnos do Conservatorio estarán no Concerto en Familia que organiza a Orquestra Sinfónica de Galicia. Esta viaxe está organizada polo ANPA O Eume en colaboración co propio Conservatorio de Música, e está orientada ós alumnos dos primeiros cursos. A viaxe será gratuita para os socios e terá un custe de 9 euros para os non asociados.

osg.jpeg


Neste concerto trátase de lles ofrecer ás familias a oportunidade de participar do programa didáctico “Descubrir a Música” do que os seus fillos gozan como escolares, e no cal os concertos manteñen a estructura de “concerto didáctico” polo que resulta unha forma distinta, formativa e novidosa de achegamento á música para o público en xeral. Sen embargo, debido ás poucas oportunidades que teñen os nosos rapaces de asistir a este tipo de concertos, é unha oportunidade que deberían aproveitar.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios