A XIV Feira de Fungos e Cogumelos será o día 1

91

Lendo diariodeferrol.com:
“A Feira de Fungos e Cogumelos volverá á súas data inicial, o día 1 de novembro, xornada de Tódolos Santos. Logo de varios anos tentando establecerse no día 2, o goberno local das pontes decide voltar ás orixes
Houbo que rendirse á evidencia de que a feira quincenal que se celebra o día un é unha das máis importantes do ano, ó ser xornada festiva e as súas implicacións tradicionais para achegarse á render honra ós defuntos.”…


…”Ademais hai que ter en conta que este evento pasou de ser ó único adicado ó mundo dos fungos a ter moita competencia, polo que é habitual que en torno a estas datas se organicen na comarca outras degustacións semellantes.
Polo tanto este ano o sábado día 1 celebrarase a XIV edición dunha feira gastronómica na que os protagonistas serán os fungos e cogumelos, especies que van ocupando o seu lugar na cociña.
O Concello das Pontes destinará máis de 700 euros para os principais premios nos concursos que se celebran, especialmente no de cestas, pero ademais cada participante que presente unha cesta con máis de dez tipos diferentes de fungos, e catalogados, recibirá 30 euros. Hai varios días que foi convocado o concurso escolar “O mundo da micoloxía”, que pretende fomenta-la afección dos rapaces por esta actividade.
Tamén haberá un concurso de macrofotografía, que premiará as mellores imaxes. Arredor do concurso de cestas, tamén está previsto montar unha feira de productos ecolóxicos e de outono, que o ano pasado tivo moito éxito.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios