Saramago promete causar un escándalo coa súa novela ‘Ensayo sobre la lucidez’

83

Lendo elmundo.es:
“El Nóbel portugués de Literatura 1998 José Saramago promete causar ‘un escándalo del diablo’ coa súa próxima novela, que titulará ‘Ensayo sobre la lucidez’, segundo unhas declaracións feitas en Brasil e difundidas hoxe polas emisoras de radio lusas.”…


…”A xuizo do escritor, residente na illa española de Lanzarote, ‘todos se van a sentir implicados, tocados’ pola súa próxima novela, á que pronostica un escándalo maior do que causou co seu ‘Evangelio según Jesucristo’.
O escritor e coñecido militante comunista non precisou a data en que poderá sair ó mercado o seu ‘Ensayo sobre la lucidez’, que completará a súa triloxía sobre a cuestión de identidade do individuo, iniciada con ‘Todos los nombres’ e continuada con ‘Ensayo sobre la ceguera’, que segue cronolóxicamente a ‘La caverna’ (2000) e ‘El hombre duplicado’ (2003).”
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios