Os segredos de Telefónica

64

Lendo wireless-station.com:
“Recentemente popularizáronse os números de información telefónica.
Terás visto anuncios en televisión e outros medios, de Telefónica e de outras compañías. En concreto, o número de Telefónica é o 11888 e chamar ó mesmo ten un custe de 1 euro por chamada (nada menos que 166 pesetas para que che den un número).”…


…”Pois ben, a opinión pública debe saber que, por lei, Telefónica está obrigada a dar ese mesmo servicio a través do 11818 por só 0,35 euros, como o daban antes no 1003.
Naturalmente, cuidanse moi moito de publicitalo. Así que xa sabes, se queres pagar tres veces máis pola información telefónica chama ó 11888. Se queres que ‘só’ che custe 58 pesetas (que xa está ben), apunta: 11818.
Ti mesm@ podes comprobalo chamando a ámbolos dous números e escoitando a gravación co custe de chamada que dan ó principio.
Dillo a todo o mundo na túa empresa, fai pegatinas ou o que queiras.
Pero sobre todo, divulga esta mensaxe.
Nota: O máis cachondo de todo é que calquera desos dous números é gratuito se chamas dende unha cabina telefónica. Se non, facede a proba.”
Fonte: wireless-station.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios