Lembranza e o concello pontés proxectan unha feira medieval

82

Lendo diariodeferrol.com:
“A colaboración entre o Concello das Pontes e a entidade Lembranza da Vila seguirá no futuro coa posta en marcha no ano 2004 dunha Feira Medieval na zona.
Esta idea foi plantexada hai un ano pola directiva desta entidade, que se puxo en contacto co goberno local para pedir apoio, atopándose cunha idea semellante por parte da institución. Polo tanto semella que se sumarán ambos esforzos, tendo en conta que este espacio, coas súas calexas empedradas, as rúas antigas e a antiga ubicación do Castelo é o escenario idóneo para facer unha viaxe no tempo á Idade Media.”…


…”Os detalles da feira non están deseñados, pero a asociación ten previsto organizar este ano un obradoiro de costura co obxectivo de confeccionar as roupas para a feira. A data máis probable sería o mes de xuño, pouco antes das festas de Corpus.
Novo local
Lembranza da Vila celebrou na noite do venres a festa de inauguración dun novo local, na planta baixa dunha vivenda, preto da ponte dos Ferros e da igrexa parroquial. Consiste basicamente nun salón para actos e cursos e unha oficina para o papeleo administrativo e arquivo. Os membros da asociación tiveron que rehabilitar o local eles mesmos, traballando nas horas libres e contando coa axuda do Concello.
A entidade fundouse hai apenas un ano e agrupa a máis dun cento de persoas con raíces nas Pontes, ainda que a maioría deles viven fóra do casco histórico ou noutros concellos.”
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios