Les Luthiers volverán a actuar en Madrid o vindeiro mes de xaneiro

84

Lendo elmundo.es:
“O quinteto arxentino Les Luthiers, que actuará en Madrid do 4 ó 15 de novembro, repetirá no noso país o próximo mes de xaneiro. As entradas para o seu primeiro espectáculo xa están esgotadas.
Les Luthiers presentará en Madrid o seu novo espectáculo ‘Todo por que rías’, sete ‘situacións’ nas que cada canción e diálogo revelan unha minuciosa preparación así como unha cuidada selección das palabras”…


…” ‘Lo que el Sheriff se contó’, ‘Loas al cuarto de baño’, ‘Me engañaste una vez más’ ou ‘Los jóvenes de hoy en día’ son algunhas das obras do compositor Johan Sebastian Mastropiero que se incluen en ‘todo por que rías’.
Carlos López, Jorge Maronna, Marcos Mundstock, Carlos Núñez e Daniel Rabinobich, comezaron a súa carreira profesional como Les Luthiers en 1967. Dende os seus inicios ata a actualidade, os seus integrantes son os autores do texto e música dos seus espectáculos, correspondentes tamén á dirección e posta en escea dos mesmos.
Dende 1977 o grupo arxentino produce un espectáculo novo cada dous anos que representa nas mellores salas de España e Latinoamérica.”
Fonte: elmundo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios