Tonete e Marisé

88

Son parella e afeccionados a retratar todo aquilo que se lles presente a bo enfoque e que lles alimente o seu ego.


ANTONIO LÓPEZ FERNÁNDEZ – TONETE
MARIA XOSÉ ROMERO LOBEIRAS – MARISÉ

ToneteMariseWeb.jpg

Ámbolos dous son autodidactas, e levan xa recollidos algúns premios:
TONETE:

– Accésit no certame de “Medio Ambiente” convocado polo Ateneo Ferrolán no ano 1994, e finalista nos consecutivos 98, 99, 2000.
ToneteAteneoFerrolan1994.jpg

– Segundo premio no VI concurso Endesa, ano 1995.
Tonete-1995-EndesaEscombreira.jpg

– Terceiro premio no VIII concurso Endesa, ano 1997.
Tonete-1997-EndesaPiragua.jpg

– Mellor fotografía de Natureza no concurso “Ceiba as túas fotos” do concello de As Pontes, ano 1998.
Tonete-NeveAs Pontes1998 .jpg

– Segundo premio no certame de “Natureza e Medio Ambiente“, Dunas de Corrubedo convocado polo concello de Ribeira, ano 1998.
Tonete-1998-CorrubedoFloraeFauna.jpg

– Accésit no concurso convocado polo concello de Ortigueira, “Sta. Marta 99“.
ToneteOrtigueira1999.jpg

MARISÉ:

– 1º premio no certame de “Medio Ambiente” convocado polo Ateneo Ferrolán, ano 1996.
MariseAteneoFerrolan1996.jpg

– 3º premio no certame de “Foto Traballo” convocado por Nortempo ETT, ano 1998.
MariseNortempo1996.jpg

Ademais destes traballos aqui presentados, tamén foron premiados en:
TONETE
– Finalista no VII concurso Endesa, ano 1996.
– Mellor fotografía local no II concurso “Goleta-96” do concello de Sada, ano 1996.
– Terceiro premio no certame “Fungos e Cogomelos” do concello de As Pontes, ano 1998.
– Segundo e terceiro premios no certame “Fungos e Cogomelos” do concello de As Pontes, ano 1999.
MARISÉ
– 1º premio no certame de “Fungos e Cogomelos” do concello de As Pontes, ano 1999.
Podedes poñervos en contacto con eles en:
E-Mail: tonetelopez@yahoo.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios