Medio milleiro de Ponteses apoian ás plantillas de LM Composites e Italtel

92

Lendo lavozdegalicia.com:
“Segundo os datos facilitados pola Policía Local, algo máis de medio milleiro de veciños das Pontes saíron onte á rúa para participar na manifestación convocada polos delegados sindicais da empresa Italtel, que fabrica decodificadores de televisión dixital, e á que se sumou a plantilla da compañía LM Composites, adicada á construcción de palas para aeroxeradores.”…


…”Esta movilización sirveu tamén para remata-lo encerro que os empregados de Italtel protagonizaron na última semana nas dependencias municipais, como medida de presión para lembrarlle á dirección que levan dous anos sen traballar (aínda que cobrando puntualmente as súas nóminas).
Neste senso, hoxe ábrese unha nova vía para a esperanza coa entrevista que manterán en Santiago o conselleiro delegado de Italtel, o italiano Aldo Foschi, e o conselleiro de Industria, Juan Rodríguez Yuste.
Os delegados sindicais da fábrica confían en que dese encontro resulte o anuncio dun contrato de traballo para a empresa, creada nas Pontes ó amparo do plano de desenvolvemento económico e industrial impulsado por ENDESA, Xunta e sindicatos.”…
Fonte: lavozdegalicia.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios