A imaxe dixital paso a paso por Paulo Porta

126

Lendo elcorreogallego.es:
“A repentina invasión que as cámaras fotográficas dixitais están a perpetrar na nosa cotidianidade volve especialmente útiles manuais como o que vén de poñer na rúa Paulo Porta Martínez da man de Edicións Lea e a Consellería de Educación.
Baixo o título de Fotografía e imaxe dixital, ofrece unha esquemática e accesible explicación sobre o funcionamento destas máquinas en voga, así como as fórmulas idóneas para rentabilizar ó máximo a súas posibilidades sen trascender necesariamente o seu uso doméstico.”…


…”Así, tras unha breve introducción histórica que contextualiza o papel actual da imaxe dixital no mundo xornalístico e editorial, o autor define breve e claramente conceptos de uso común como son `CAD’ (deseño asistido por ordenador), `debuxo vectorial’ ou `retoque fotográfico’.
A continuación, e nunhas páxinas ilustradas con multitude de imaxes e esquemas gráficos, este manual desglosa paso a paso o amplo abano de posibilidades que xurden no proceso que vai desde que se toma unha fotografía dixital ata que se trata no PC e logo se imprenta.”
Fonte: elcorreogallego.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios