LinEx-Empresa, aplicacións empresariais baixo Linux

124

Lendo linex.org:
“Vivernet, programa da Consellería de Educación, Ciencia e Tecnoloxía da Xunta de Extremadura en colaboración con Fundecyt celebrou o día 23 de outubro de 2003 (…). No marco deste encontro presentouse LinEx-Empresa, un conxunto de accións destinadas a fomenta-lo uso de GNU/Linex e aplicacións de software libre no mundo empresarial, programa que contará co portal empresarial de software libre http://www.gnulinex.net”…

logolinex.jpg


…”Coma primeira realidade, Linex-Empresa presenta hoxe duas ferramentas, FacturLinex e ContaLinex, coma solucións en software libre fundamentais para a actividade empresarial, desenvolvidas por duas empresas extremeñas, PuntoDev e Astrom respectivamente, que darán o respaldo técnico, asesoramento e formación a tódolos usuarios destas aplicacións que así o demanden.
Según Julio Yuste, Director de Vivernet, ‘Linex-Empresa é a aposta da Xunta de Extremadura por introduci-lo software libre no mundo empresarial, é unha gran oportunidade para impulsar un mercado rexional de empresas así poden competir co modelo establecido ata o de agora de grandes empresas que baseaban as súas gañancias na venda de licencias’.
‘Ademáis, calquera empresa tradicional que adquira unha solución baseada en software libre convírtese nesos momentos nunha empresa innovadora, xa que ó ser propietaria dese código que aporta unha solución para a súa empresa pode vender esa innovación a outras do mesmo sector’.
‘Con esta ferramenta liberamo-lo coñecemento e poñemos solucións libres emprendedoras á disposición de tódalas pymes extremeñas’.
Durante a xornada interviron, cunha ponencia sobre ‘Oportunidades de Negocio no software libre’, D. Alfredo Romeo Molina, Fundador e Presidente da Asociación de Empresas de Software Libre (AESLi). Durante a súa intervención insistiu en que a tecnoloxía debe poñerse ó servicio das necesidades de calquera usuario ou organización e esta versatilidade da tecnoloxía só é posible a traveso de solucións de código aberto perfectamente modificables e adaptables a usos específicos. Aseverou tamén que a administración debe promover e facilita-lo acceso á tecnoloxía, xa que se trata dun dereito de tódolos cidadáns. Ademáis destacou que o desenvolvemento do software libre é imparable, pois permitiu que a empresa en lugar de estar supeditada á tecnoloxía poida dispor dela para adaptala ás súas necesidades.
Segundo Romeo, Extremadura, coa presentación desta acción levada a cabo por Vivernet, volve a ser pioneira en iniciativas relacionadas co software libre.”
Fonte: linex.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios