2º obradoiro de cociña

82

O pasado venres 24 de outubro de 16:00 a 19:30 horas na residencia xeriátrica da Magdalena tivo lugar o 2º obradoiro de cociña enmarcado dentro da programación da XIV feira de fungos e cogumelos.

cursocociña.jpg


Neste obradoiro preparáronse 9 pratos baixo a dirección de Dna. Catalina Fernández de Ana Portela de Hifas da Terra.
O obradoiro tivo unha asistencia inesperada, e sobre as 20 prazas previstas, admitíronse a 36 participantes, quedando outros tantos en lista de espera.
Os pratos preparados foron entre outros: Shii-Take á prancha, Pleurotus ‘petit’ empanados, Solomilo bañado en salsa branca con Pleurotus e castañas, Filloas recheas de Pleurotus, etc. Pratos que vos iremos ofrecendo ó longo da semana.
Bon proveito 🙂

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios