Fungos e cogumelos: Amanita Muscaria

118

Coñecida coma ‘Brincabois’, é a seta máis común e abundante, e por desgracia moi pouco comestible…..

Amanita_muscaria00038.JPG


DESCRICIÓN: Sombreiro de 10-20(25) cm, globoso de xoven, despois hemisférico e finalmente extendido, co marxe incurvado que, de adulto, é lixeiramente acanalado. A cutícula, que é separable, é húmida e brilante, de cor roxo vivo homoxéneo, pero tamén laranxa roxizo ou marelo anaranxado. Está recuberta de restos do velo en forma de granulacións brancas ou marelas, que forman círculos máis ou menos concéntricos. Láminas xuntas e libres, de cor branco, que poden amarillear algo. Esporada de cor branco. Pe separable, longo, de 15-24 x 1-3 cm, bulboso, de cor branco, coa superficie un pouco froconosa. O anel é membranoso, moi amplo e está rodeado de frocóns de cor branco ou amarillento. A volva, que non se aprecia como tal, está fragmentada formando verrugas de cor branco dispostas en círculos o redor da base do pe. Carne tenra, de cor branco, excepto baixo a cutícula, onde é marela. O seu olor e sabor son suaves.
HÁBITAT: Fungo micorrizóxeno que vive en toda clase de bosques, en solos silícicos. Fructifica a finais do verán e en outono, formando grupos, a veces moi numerosos. É común nas zoas de media e alta montaña e moi raro na zoa baixa.
COMESTIBILIDADE: É tóxico, pero non é mortal, como erroneamente se cree. Provoca un síndrome micoatropínico con afectación gastrointestinal e neurolóxica. O tóxico localízase en tódalas partes da seta.
OBSERVACIÓNS: Esta seta, que a parte de ser tóxica tamén ten propiedades alucinóxenas, utilizouse dende tempos remotos coma estimulante. Algunhas tribus nórdicas, chegaron incluso a beberse a orina para reutilizar e prolonga-los efectos do axente alucinóxeno. Cando sae nas comarcas litorais e prelitorais, e o sombreiro foi lavado pola choiva, hai certo risco de confusión coa oronja, sobre todo na variedade formosa, que é de coloración máis amarillenta.
Fonte: gnr.es/amjc

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios