Shii-Take á prancha ou á parrilla

87

Coloque as setas Shii-Take enteiras (sobre a cara do sombreiro) nunha tixola con pouco aceite de oliva quente e déixeos que se doren durante uns 5 minutos.
Aplíquelle o sal de maneira que caiga entre as láminas da seta e deixe cociñar a lume medio. Unha vez douradas déalles a volta ata que as láminas estean cociñadas.
Servir quente para picar ou como guarnición.


Ingredentes:
– 500g de Shii-Take
– Aceite de oliva
– Sal

shiitake.jpg

Características do Shii-Take:
Shii-Take é hoxe por hoxe a seta máis consumida a nivel mundial. Os primeiros cultivos coñecidos data do ano 900 d.C. Coñécese co nome da seta aromática e é moi apreciada polas súas cualidades organolépticas e estruturais.
Shii-Take é unha seta rica, tenra e carnosa.
Propiedades medicinais: destaca por posuir lentinan, unha molécula que unha vez no sangue loita contra determinados tumores canceríxenos. Ademáis posue eritonina, sustancia que disminúe os niveis de colesterol en sangue tras unha inxesta continuada.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios