Fungos e cogumelos: Boletus aereus

72

O boleto, coñecido como ‘Madeirudo’, é unha seta moi abundante e de moitas variedades casi todas comestibles, menos unha chamada ‘Satanás’.

baere.jpg


DESCRICIÓN: Sombreiro moi carnoso, de 8-20 cm, hemisférico de xove e convexo de adulto. A cutítuloa, que é separable, é seca e aterciopelada, de cor marrón moi oscuro, case negra ó inicio, despois marrón con reflexos bronceados, para rematar sendo castaño claro ou ocraceo. Tubos separables casi libres e de cor branco. Poros redondos e moi apretados, de cor branco, que se tornan de cor marelo verdoso nos exemplares vellos. Esporada de cor pardo oliváceo oscuro. Pe grande, de 5-15 x 4-10 cm, cheo e duro, obeso ó principio, despois inflado e finalmente cilíndrico, coa base atenuada. É de cor pardo ocraceo, sempre máis claro que o sombreiro. A parte alta é finalmente reticulada. Carne compacta, de cor branco inmutable. A súa cor é suave e o seu sabor, doce.
HÁBITAT: Fungo micorrizóxeno que vive en bosques térmicos de planifolios, asociado básicamente con alcornoques, encinas e castiñeiros, en solos secos e silícicos. Fructifica, de forma precoz, no verán e a principios do outono. Atópase na zona costeira, onde é máis común, e na media montaña. En anos favorables, abunda moito nos alcornocales litorais onde comparte o hábitat e a época de fructificación coa oronja.
COMESTIBILIDADE: É un excelente comestible, incluso crudo. Está considerado un dos mellores fungos comestibles. Ten unha carne consistente que permite cortalo en láminas e secalo. Tamén se pode moer e utilizar para condimenta-los máis variados guisos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios