Os operarios de Italtel manifestáronse de novo en demanda de carga de traballo

136

Lendo diariodeferrol.com:
“Unha auténtica ‘marcha baixo a chuvia’ tiveron que aturar onte os traballadores de Italtel. Voltaron á casa dende o polígono de Penapurreira andando, e non é que esta zona industrial estea situada preto dos seus fogares, porque hai alomenos dez kilómetros ata o núcleo urbán das Pontes. Esta foi unha nova medida de presión para esixir carga de traballo na fábrica de decodificadores. Fixeron este camiño ocupando un carril da estrada xeral, o que ocasionou importantes retencións de tráfico. Participaron na mobilización os 32 operarios da fábrica.”…


…”Varios coches da Garda Civil acompañaron a marcha para evitar calqueira problema. Os cortes de tráfico producíronse de forma alterna, e nalgunhas ocasións as colas xuntaron a un cento de vehículos que deberon esperar para seguir camiño, xa que os axentes de tráfico habilitaban o carril contrario ó ocupado polos traballadores para dar paso aos turismos e camións que circulaban en ambas direccións.”…
Fonte: diariodeferrol.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios